O Val de Esmelle adórnase para acoller o verán

O Val de Esmelle adórnase para acoller o verán

11 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chega o III Concurso de rueiros, fachadas e portais do val de Esmelle- Ferrol- no que poderá concursar toda a veciñanza da aldea, de forma individual ou colectiva, reunidos por lugares ou tramos.

Cada participante deberá embelecer a súa fachada ou o seu contorno, tendo en conta  aspectos como o carácter tradicional, o uso de elementos autóctonos como signo do Val de Esmelle (espadanas, flores de  San Xoán, etc....)  O adorno de balcóns, fiestras, reixas, etc... con  adornos florais e outros elementos. Valorarase a sinxeleza.  

No concurso establécense tres categorías:

a. Categoría: Fachadas e fiestras .
b. Categoría: Rueiros.
c. Categoría: Portais.

A inscrición realizarase no local social de Esmelle  antes do día 20 de xuño de 2014. A visita do xurado para ver os traballos realizarase o  domingo 22 de xuño pola mañá.  O fallo do Concurso faise público o día 24 de  xuño ao mediodia no campo da Festa.  Os traballos documentaranse  fotográficamente e publicaranse na facebook de  Esmelle.

Sociedade