O Val du Xálima fálanos a través do seu aceite ecolóxico

O Val du Xálima fálanos a través do seu aceite ecolóxico

29 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lagarteira

Galicia mantén un vencello singular co noroeste de Estremadura. Nun recanto da Serra de Gata, á beira da raia con Portugal, ábrese o Val du Xálima, unha área cun patrimonio único: unha lingua de seu, “A Fala”, un idioma debedor do que falaban os colonos galegos e bercianos e que se foi transmitindo dende o século XI. Mais dende o recanto coñecido como Us Tres Lugaris tam&ea

Canda os seus socios Manu e Albo, Pedro creou “un club de gourmet no que queremos intentar promocionar non só o aceite, que é o sector primario noso, pero no que habería mel, queixos e produtos de horta”. Ese club Matalabos quere difundir os valores do Val. “Dende a miña xeración houbo moita despoboación nos últimos quince ou vinte anos e o sector está moi abandonado, empeza a haber oliveirais abandonados”, láise Giraldes. Con este novo proxecto queren destacar “estes produtos excepcionais que temos” e facelo explicando as propiedades do alimentos, con documentos pdf e audiovisuais que expliquen como se cultivan e como “se veu traballando toda a vida de forma ecolóxica”.

O microclima do Val du Xálima fai agromar a manzanilla cacereña, “unha oliva máis  gorda que na zona de Xaén e que ten un volume de aceite maior que outras”, oufánase Pedro Giraldes. No lagar As Pontis producen o aceite virxe extra que é o primeiro produto de Matalobos. Pódese adquirir e apoiar o proxecto mediante o microfinanciamento a través da web Verkami ou consultando a páxina web www.matalobos.net.

Sociedade