ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Val máis unha imaxe ou un milleiro de palabras? A resposta require de matizacións porque unha fotografia sen información complementaria pode non aportar nada. Pero unha imaxe con contexto pode suscitar todo un movemento social.

ovalnamemoria.com Un proxecto ideado como lugar de encontro para todas as persoas que desexen colaborar coa recompilación de fotografias do Val, as súas xentes e costumes co único fin de preservar o patrimonio histórico desta parroquia de Narón. Daniel Ameneiros impulsa este proxecto sen anímo de lucro. Ademais da páxina web,a iniciativa xa conta con redes sociais en Facebook e Instagram.
“A iniciativa tivo moi boa recepción. Xurdiu polo meu interese en que non se perda o patrimonio das fotografías antigas. A páxina actual comezou no mes de xullo, porque a mín me gusta moito a imaxe” salienta o promotor desta iniciativa Daniel Ameneiros. “Eu escaneo as imaxes, as vou subindo na web e recompilando datos en torno ás fotografías” suliña este deseñador que estudou Belas Artes. “Nunha feira vendian fotografias antigas, tres fotos por un euro, como unha cousa sen valor, e non quero que as fotos do Val acaben nun mercadiño”. “Grazas á iniciativa, localicei fotografias do meu bisabó”. “Teño tamén outra imaxe dun veciño do Val que morreu de pánico na cama, despois de ver un fusilamento no cemiterio despois do golpe de estado de 1936”.
Imaxe: Daniel Ameneiros en Radio Fene
Comentarios
O nome do veciño é Bernardino
Publica o teu comentario agora