O Val xogará co Miño a final da Copa

O Val xogará co Miño a final da Copa
03 de Xuño, 2024 - 08:35 h. | Publicada por Radio Fene

O Val xogará co Miño a final da Copa da ría. Xogarase o sábado 8 de xuño as cinco e media da tarde no Misael Prieto. Onte o Miño eliminou ao Eume e O Val superou ao Perlío. "Sopraba moito vento que condicionou o xogo, pero O Val foi superior a nós, ainda que o marcador final quizais sexa un pouco excesivo" indica o adestrador do Perlío Mario López Veiga.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Perlío Mario López: https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/030624LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

O equipo do Val xogará a final da Copa da ría, tras eliminar nas semifinais ao Perlío. O equipo dos Pinares finaliza a tempada tras caer derrotado 4-0 no campo de Sinde en partido xogado na mañá do domingo. Marcaron os goles Permui (14´), Pol (23´) e Leonardo (66´e 82´).

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora