ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha placa realizada pola ceramista Carme Romero lembra o nome de Juan José Casal Chao, veciño de Barallobre, preso no campo de exterminio nazi de Mauthausen entre 1941 e 1945. As profesoras Carme Llópiz e Verónica Túñez descubriron a lembranza nun acto no que tamén interveu o historiador Enrique Barrera. As alumnas de música do centro Paula e María interpretaron unha fermosa peza musical. "Hoxe máis que nunca debemos manter viva a memoria daqueles homes e mulleres para evitar que aquel horror volva suceder e manter tamén o xuramento feito por eles após a liberación de Mauthausen: Nunca máis" indicou a docente no IES de Fene.
Actos de homenaxe
A homenaxe ás vitimas do nazismo, organizada polo Instituto e por Radio Fene, comezou as 11,30 da mañá no cemiterio municipal de Fene. O director do Instituto Xoan Vázquez, a vicedirectora Begoña Fernández, o director de Radio Fene Henrique Sanfiz, docentes do Instituto e familiares de Juan José Casal depositaron un ramo de flores diante do nicho onde repousan os seus restos. As persoas participantes trasladaronse ao vestíbulo do IES O Pazo de Barallobre. Alí descubreuse unha placa de lembranza a Casal Chao e o historiador Enrique Barrera pronunciou unha charla explicativa das razóns da existencia dos campos de exterminio. Que pasou para que unha sociedade culta como a alemana permitira o asasinato de 11 millóns de persoas? preguntouse Barrera, engadindo tamén a importancia da necesidade de desbotar tópicos como a tolemia de Hitler ou o papel da Gestapo.
Casal Chao
Juan José Casal foi mariñeiro e defendeu o rexime establecido na Segunda República. Ao finalizar a guerra vai a Marsella onde o prenden os nazis tras invadir Francia. En 1941 queda internado no campo de exterminio de Mauthausen onde pasará catro anos. Salvará a súa vida por poucas horas. Tras a liberación traballa en Francia nunha fábrica de bicicletas ata que realiza xestións para poder volver a Galicia. Retorna a Barallobre e entra a traballar en Astano. Faleceu o 29 de novembro de 1991 con 81 anos.
Hai oitenta anos o réxime nazi de Hitler rendiuse diante dos aliados. En maio de 1945 finalizou a Segunda Guerra Mundial. Como foi posible ese odio? Como foi posible que se normalizase a idea de que uns cidadáns eran inferiores a outros? Como unha parte moi significativa da sociedade puido participar no exterminio? Nas dictaduras moitas personas viven coma se nada pasara arredor, mentres que outras se precipitan nun mundo de terror e morte. Tal vez a primeira lección da guerra é que ningunha forma de racismo é aceptable e que, cando nos decatamos de que perdimos a liberdade xa é demasiado tarde.
Desde esta mañá, unha placa no Instituto de Ensino Secundario de Fene lembra o nome de Juan José Casal Chao, “Chucho”, lembra o valor da libertade.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora