O valor da personalidade

O valor da personalidade
12 de Maio, 2021 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os test de personalidade son fundamentais á hora da selección de persoal dunha empresa. Ese tipo de probas as veces úsanse tamén para a fichaxe de deportistas. O psicólogo José Barcia falou esta mañá en Radio Fene do descenso na cotización experimentado polo xogador do Atlético de Madrid Joao Felix. A comezos deste ano estimábase o seu valor en 100 millóns de euros, pero agora a súa cotización estimada situase só en 70 millóns. O  nivel de empeño deste xogador e do resto do equipo diferenciase claramente. A baixa na cotización seguramente ten que ver primeiro co seu rendemento no xogo, segundo o monitor deportivo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
José Barcia. Psicólogo

O rendemento e as mostras do seu comportamento nos adestramentos e partidos ten que ver nas oscilacións da cotización. A observación do comportamento deste xogador fainos intuír nunha determinada actitude. Minutos, goles, asistencias serven para ver o peso dos xogadores no conxunto. Os equipos de baloncesto ou de fútbol á hora de fichar xogadores falan moito de estatísticas. Ademais dos datos, logo os equipos falan co xogador, ven como xogan, etcétera. Existen publicacións que falan da personalidade dos deportistas segundo cada demarcación. En fútbol, os defensas soen ser persoas máis estábeis e mais responsábeis. Se son ininestábeis e cometen moitas faltas e moitos erros, deixan vendido ao porteiro. O dianteiro é máis individualista e creativo. Os deportistas que chegan ao alto rendemento soen ser máis extrovertidos, aínda que hai excepcións, como é o caso de Messi. 

Deportes

Publica o teu comentario agora