O valor da tradición

O valor da tradición
24 de Decembro, 2022 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

A colección de cerámicas “Meigas, sabias e mulleres boas” medra e diversifícase co paso do tempo. Nas últimas semanas exhibiuse na Galería da Casa do Concello de San Sadurniño. Falamos con Carme Romero, ceramista de Fene que nos falou da súa obra e do seu labor docente

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

A artista rende tributo con esta colección de cerámicas ás meigas galegas. Mulleres boas e sabias -de aí o título da exposición- que antano desempeñaban un papel fundamental na nosa cultura como sanadoras do corpo e do espírito empregando coñecementos ancestrais e remedios naturais. A colección está viva e segue ampliándose. Sempre co obxectivo de por en valor a nosa tradición. Para que non esmoreza, explicou a artista en Radio Fene. “Gústame e coñezo bastante o mundo das herbas. Para documentarme tiven que buscar bastante. Empecei ler e a buscar libros”. Romero lamenta a perda da tradición oral. Da cerámica defende que non é un arte menor. “Para min é a maior, engloba todas as artes, escultura, pintura..” De nena, Carme Romero quería ser profesora. E acabou por selo, transmitindo os seus coñecementos artísticos coa cerámica. Iso si, reflexionando sobre a súa actividade docente, advirte de que o traballo coa cerámica é difícil e non valen as présas.

Na imaxe exposición en San Sadurniño.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora