O valor dunha caixa

O valor dunha caixa
21 de Decembro, 2025 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

Os gatos, igual que o resto de felinos, teñen querenza polas formas cadradas e encántanlles as caixas. Falounos do tema esta semana a veterinaria etóloga Noemí Graña, que fixo un alto nas súas ocupacións para responder ás preguntas da audiencia de Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

“A caixa é un refuxio, séntense protexidos pero poden estar alerta e vixiando”, explicou Noemí Graña que defendeu a importancia das colonias felinas para controlar a poboación de gatos da rúa. “Son beneficiosas, os gatos están controlados nelas”. Tamén deu pistas de como axudar a quitarlle o medo aos cans a unha nena, filla dunha ouvinte de Radio Fene. 

Tempada alta

No Lar do Belelle non teñen vacacións de Nadal. Estas festas son tempada alta. Moitas persoas deixan alí estes días os seus animais de compañía. “Pasamos as festas con eles, toman turrón e roscón de cans, o que non atopei aínda é nada que se asemelle ás uvas e non hai cava nin champan”, conta Noemí. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora