ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os empresarios do Eume organizan anualmente as Xornadas Gastronómicas de Tenreira Cachena. Trátase dunha iniciativa pioneira que ten por obxectivo valorizar unha raza autóctona en perigo de extinción. O programa Onda Rural deu a coñecer este proxecto a través das palabras dos seus organizadores e dos restaurantes implicados na idea.
Na primavera unha ducia de restaurantes de Pontedeume participan anualmente nas Xornadas. Pero aqueles clientes que probaron e aprecian o sabor particular desta carne non teñen que agardar ata esa época. Puntualmente, certos establecementos de hostelería ofrecen tamén pratos elaborados con esta carne. Así os Restaurantes A Pitanza e Andarubel adquiriron un cacheno de 150 quilogramos criado polo gandeiro Plácido do concello de Muras. Animan aos gandeiros a criar este tipo de razas convencidos da existencia dun mercado para elas.