O verán acaba

O verán acaba
31 de Agosto, 2020 - 08:42 h. | Publicada por Radio Fene

O verán acaba e chega o outono.Aínda que non entraremos na nova estación ata o vintetrés de setembro, coa chegada do novo mes semella que comeza o cambio de mentalidade. A intelixencia naturalista é a que sempre salvou a especie humana. Todos a temos dentro  de nós, soamente hai que activala, entre outras cousas para percibir os cambios que se producen cando pasamos dunha estación a outra.

Antonio Sandoval en Radio Fene. 2018

A Xunta de Galicia en cooperación coas entidades locais debía impulsar iniciativas de seguimento das aves mariñas, pola súa condición de recurso turístico para a zona de Estaca de Bares. Un espazo on line no que haxa información actualizada sobre o que está ocorrendo aquí, sobre o que se pode observar día a día, reforzaría esa canle de distribución de destinos turísticos, segundo o ornitólogo Antonio Sandoval. Autor dun libro sobre As aves mariñas de Estaca de Bares, Sandoval destaca que se trata do cabo máis setentrional da península. Por alí pasan cada outono máis dun millón de aves dunhas 50 especies diferentes. Agora mesmo pasan por Estaca cinco especies diferentes de pardelas, catro de palleiras, mascatos, carráns comúns, etcétera. Co outono comezarán a chegar, carolos e araos. Estaca de Bares, é o mellor lugar de Europa para ver aves mariñas.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora