ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
127 nenos e nenas incorporáronse esta mañán no Verán Máis alá, unha iniciativa formativa e de ocio que durará todo o mes de xullo. A piscina municipal, o parque da Galaxia Imaxinaria, o parque de educación viaria, excursións e festa final no Pote, son as actividades que realizarán fora do recinto escolar de Centieiras que é o centro de operacións.
O Verán Máis Alá permite que nenos e nenas se divirtan e aprendan durante o período vacacional, mentres, as familias contan cun recurso que lles permita compatibilizar a súa vida persoal e laboral. É un espazo de xogos no que practicar e fomentar o galego como lingua de uso, promovendo os valores da igualdade, a participación e o traballo en grupo. Dende aprender a facer galletas ata xogar a calquer deporte, pasando polo achegamento a outras culturas, de todo farán no Verán máis alá.
Verán Máis Alá vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase do 29 de xuño ao 31 de xullo no CEIP Centieiras (Perlío)
Os rapaces incorpóranse dende as 8 da mañán ata as 10, segundo as necesidades familiares.