ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un campus multideporte dirixido á rapazada entre 5 e 14 anos é a proposta da AVV de Limodre para o verán.

Ata 10 actividades deportivas desenvolveranse en Limodre de luns a venres entre o 14 e o 25 de xullo. Actividades dirixidas por recoñecidos preparadores das distintas disciplinas deportivas previstas. Fútbol sala, baloncesto, balonmán, ximnasia, artes marciais, kayak, remo, volei praia, futvolei e actividades acuáticas desenvolveranse en distintas localizacións de Limodre, aínda que a Pista Polideportiva da parroquia será o marco centran onde se desenvolva a meirande parte das actividades.
Nesta primeira edición do Campus Multideporte as actividades planificadas, baixo a dirección de Jorge Rodríguez, desenvolveranse dende as 10,00 da mañá ata a 1 da tarde. A organización ten posto especial coidado nas persoas que colaborarán coa dirección impartindo as distintas especialidades. Jorge Rodríguez fai fincapé na cualificación do monitorado que vai a participar nas actividades previstas, así como a colaboración de entidades deportivas da comarca como o club de Remo de Mugardos.
Río Sandeo, Almieiras e a Pista Polideportiva de Limodre recibirán aos rapaces e rapazas que queiran inscribirse nesta actividade multideportiva, na que será posible participar durante toda a quincena como por semanas independentes, para o que se establecen cotas diferenciadas.
O prazo de inscrición para a actividade estará aberto ata o 7 de xullo e poderá formalizarse no teléfono 637 059 738 ou na Escola de Limodre.
Fotografía: Jorge Rodríguez
Publica o teu comentario agora