ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha fermosa performance con música e recitado de poesía serviulle a Paula Currás para presentar o seu Vestiario, libro galardoado co Premio Parallé. O nome do libro ven do latín vestiarium pero tamén de bestiarius, como se encargou de debullar a autora, nun escenario decorado con prendas de roupa. No acto festexaronse as Letras Galegas lembrando a Valentín Lamas Carvajal (falecido hai 120 anos) Ramón Otero Pedrayo (morto hai 50 anos) e á escritora Begonha Caamanho a quen se adica este ano o 17 de maio. Interviron a presidenta do Círculo de Fene Paula Romero, a alcaldesa Sandra Permui, o membro do xurado Xosé Carlos Carracedo e o editor Miguel Anxo Fernán Vello.

Recitou un poema de Lamas Carvajak Eric Sardiña. Finalizou o acto cun concerto de música ofrecido polo grupo As Pías.
Paula Currás (Cambre, 1996) é poeta e doutora en poesía norteamericana pola Universidade da Coruña. Actualmente traballa como investigadora Juan de La Cierva na Universidade de Barcelona e no centro ADHUC (Centro de Investigación Teoría, Xénero e Sexualidade). A súa produción poética (en inglés e galego, respectivamente) foi publicada nas revistas Porridge e Dorna. En 2024 obtivo o segundo premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, así como o XXXI Premio Xoán Díaz de Cambre en 2025. O xurado deste ano do Premio Pérez Parallé, que lle concedeu o galardón, estivo composto por: Xosé Carlos Carracedo, Lucía Aldao e Silvia Penas.
Publica o teu comentario agora