O Vieiro párase

O Vieiro párase

29 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os autobuses da cooperativa Vieiro non realizarán xa dende o vindeiro luns o transporte que unía diariamente Fene e Ferrol. Decidiuno así a asamblea de socios reunida na tarde de hoxe nos locais do Centro de Promoción Social de San Valentin. Os máis de 100 asistentes decidiron asistir ao Pleno da Corporación do vindeiro xoves para recabar o apoio do Concello de Fene (A Coruña). A asamblea de socios volverá reunirse o dia 26 de febreiro.

As 2 multas impostas pola Xunta de Galicia (cada unha de 4601€) as pasadas semanas foron decisivas á hora de decidir cesar a actividade. "Arriscabamonos a unha nova multa e ao precintado dos autobuses" declarou a Radio Fene o directivo e conductor do Vieiro Fernando Garrote. A cooperativa Vieiro cesou xa esta semana de realizar o transporte aos Institutos de Barallobre, tras a denuncia imposta pola multinacional Arriva. Segundo a transnacional, Vieiro non conta con autorización para realizar o transporte escolar. Dende a cooperativa, negan ese extremo e indican que dende hai 35 anos, a entidade conta con toda a documentación precisa para transportar aos seus asociados. Na actualidade forman Vieiro 157 asociados. A cooperativa creouse en 1975 para solventar as carencias de comunicación que había daquela entre a parroquia de San Valentín (Fene A Coruña) e outros puntos de Ferrolterra.

Sociedade