ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non hai nostalxia nos textos incluídos no libro de Manuel Bragado "Vigo, abella da ribeira", editado por Xerais. "Creo no poder restaurador da memoria, é unha actitude esperanzada. Se hai algún verbo que pretendo practicar é o de compartir. Tamén ilusionar, convidar a unha reflexión compartida, formular máis preguntas que sentenciar respostas" apunta o escritor.
A memoria é un proxecto colectivo, onde ten que ver o relato científico proporcionado polos historiadores, pero tamén coas claves de cada persoa. A sección no Faro de Vigo, onde se publicaron os artigos agora recollidos no libro, chámase “Campo de Granada” aludindo ao campo da feira de Vigo. Unha fotografía de Vida Gallega en 1925 ofrécenos o Vigo xenuíno, das terras do Fragoso. Unha hélice do ADN de Vigo está no mar e no porto, pero outra está na cultura tradicional campesiña, salienta o pedagogo.
Fotografía: @quinovillas
Publica o teu comentario agora