O xenio das mulleres

O xenio das mulleres
21 de Xaneiro, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Asemblea de Mulleres de Astano formouse o 4 de decembro de 1984 para impulsar accións contra a reconversión naval. Unha comisión de mulleres fixeran o dia anterior un chamamento a través de Radio Fene. O salón de actos da Casa da Cultura quedou pequeno para acoller aos centos de mulleres que responderon á convocatoria. Ese mesmo dia ao finalizar a asemblea as mulleres realizaron un corte de tráfico no acceso a Ferrol polas Pías.  O dia anterior a dirección do estaleiro remitiu ao comité de empresa un listado cos nomes de 3.414 traballadores calificados como “excedentes” dun plantel que chegaba daquela as 5.689 persoas. 

Fotografía Radio Fene

Unha das accións da Asemblea de Mulleres de máis repercusión foi a protesta na inauguración do Instituto de BUP de Fene o 8 de xaneiro de 1985. Estaba anunciada a presencia do presidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, que ao final non veu e que foi sustituido polo conselleiro de Educación Victor Vázquez Portomeñe. As mulleres foron trasladar a súa protesta polos despidos de Astano indignadas pola falta de apoio do goberno autónomo. Tiraron ao chan os pinchos que estaban preparados e impediron a saida do coche do conselleiro, ata que o alcalde de Fene intercedeu para que deixaran a via libre. Pero, ás mulleres de Astano, non había silveira que as atrancara.

Na imaxe, a alcaldesa de Fene Sandra Permui e a directora de Navantia Fene Carla Chawla presentando o programa "Mulleres da reconversión" nunha conversa en Radio Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora