ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un xigante carboeiro vive nas montañas todo o ano. Descende ás aldeas, vilas e cidades entre os dias 24 e 31 de decembro, pola noitiña, para apalpar as barriguiñas aos nenos e comprobar se comeron ben ao longo do ano. Ao que tén a barriga como debe ser, dille aos oídos: "Así, así esteas todo o ano". Se pola contra comproba que teñen o bandullo baleiro, revira o xesto e déixalles unha presa de castañas e marcha preocupado.
Alba Fernández Calvo, Javier Varela López e Bruno Rey Romero, encargaronse da locución do último programa do ano 2010 de "As Crónicas de Centieiras". O espazo realizanno semanalmente os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Centieiras de Perlío (Fene A Coruña). Nesta ocasión falaron do libro de Lúa Sende e Alexandre Miguens O Conto do Apalpador, ilustrado por Leandro Lamas.