O XII Salón Equiocio 2009 chega a Ferrol na Semana Santa

O XII Salón Equiocio 2009 chega a Ferrol na Semana Santa

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas novidades importantes incorpora este ano a programación do “Equiocio 2009”, que chegará a Ferrol na Semana Santa. Por un lado, amplía a súa duración e desdóbrase en dúas fins de semana. Celebrarase no Recinto Feiral de Punta Arnela do 3 ao 5 e do 8 ao 12 de abril.

O XII Salón do Cabalo contará cunha televisión propia que permitirá, a través de internet, seguir a evolución do evento. Equiocio 2009 marcará un antes e un despois na historia do Salón do Cabalo que se celebrá en Ferrol dende hai doce anos, coincidindo coa Semana Santa.

O director técnico do certame, Federico Pérez Lago, cualificou coma un grande reto e, á vez, unha necesidade a iniciativa de desdobralo para celebrar en fins de semana distintas o Campionato Morfolóxico de Pura Raza Española e o Concurso Hípico Nacional. Con máis de 170 cabalos e xinetes inscritos, a organización de Equiocio pechou xa o prazo de inscripción para o primeiro dos campionatos, o morfolóxico, que se celebrará do 3 ao 5 de abril. No caso do concurso de saltos, as expectativas tamén son moi boas, de feito, Federico Pérez Lagou afirmou estar impresionado pola alta afluencia de gandeirías este ano. Amais do apartado adicado á competición, a oferta de lecer é fundamental en cada edición de Equiocio. Como principais atractivos, anúncianse para este ano diferentes atraccións e xogos nos parques infantís habilitados polos patrocinadores do certame, o habitual poni club e mesmo un festival de cine infantil. Ademais haberá un curso de hipoterapia. 

Sociedade