ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Sendo eu nena recibín un premio literario en Santiago de Compostela. Pero en lugar de acertar co meu nome, designaron á premiada como Laura Mosquera. Cando acudimos a recibir o galardón, alguén tirou un xiz desde un edificio e deulle a miña nai nun ollo. Comprendín que aquel premio non estaba para mín. Por iso recibo o Aritmar co convencemento de ser unha venganza contra o destino" afirmou a escritora Lua Mosquetera na gala dos premios Aritmar celebrada na tarde noite de onte no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Ademáis de Lúa, Xisco Feijóo e Wilma Vieira, recolleron os seus premios por teren producido o mellor da música e a poesía na Galiza e Portugal durante o pasado ano 2021, un galardón que tamén acadou a fadista, de recoñecida fama internacional, Ana Moura. No seu lugar recolleu o galardón, Vítor Belho de Nordesía Producións. O proxecto Ponte... nas Ondas! recibiu, pola súa banda, o Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona, polo seu traballo constante en prol do achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño .Ponte... nas ondas!, que vén de lograr situarse na lista das mellores prácticas co Patrimonio Cultural da Unesco.
O director da Escola de Idiomas Gonzalo Constenla agradeceu a asistencia do público e presentou a aplicación móbil na que se poderán escoitar os temas musicais e poemas premiados nas sete edicións do Aritmar. A artista emerxente Catuxa Salom, xunto coa setubalense A garota não encargáronse de poñerlle banda sonora a esta gala conducida por dúas caras coñecidas do mundo do espectáculo: Isabel Risco e Fran Rei.
Na imaxe, autoridades e persoas galardoadas na Séptima Edición de Aritmar, premios da poesía e da música galego-portuguesa, convocados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.
Publica o teu comentario agora