ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Ao remate do encontro da Primeira Futgal, o técnico do Perlío Jesús Peña quixo destacar a figura de Iván Sanemeterio, o máximo artilleiro do equipo: "É o dianteiro de referencia que temos e o xogador máis contundente". Co resultado de 3-0 diante do Torre, o equipo dos Pinares reafirma as súas boas sensacións cun xogo coral e un ataque letal.

O conxunto dirixido por Jesús Peña asinou un partido moi serio (3-0) no que dominou de principio a fin, mantendo o control total do xogo e sentenciando na segunda metade.
Vitoria contundente do Perlío na Primeira Futgal tras superar ao Torre nun encontro onde a seriedade defensiva e a pegada ofensiva foron as claves. Malia que o partido puido cambiar no primeiro minuto cunha clara ocasión visitante que salvou Robert cunha "intervención espectacular", a partir de aí o dominio foi integramente local.
O marcador abriuse no minuto 38, xusto antes do descanso, grazas ao acerto de Iván Sanemeterio. Co 1-0, o Perlío gañou en confianza e, na reanudación, o propio Sanemeterio volveu ver portería no minuto 60 para encamiñar o triunfo co segundo da súa conta particular. Co partido controlado, as ocasións seguiron chegando para os de Jesús Peña. Foi no minuto 66 cando Gabriel Díaz puxo o definitivo 3-0, deixando o choque visto para sentenza e permiti ndo un tramo final sen sobresaltos.
Imaxe de Iván Sanemeterio
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora