ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os máis pequenos xogadores do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo achegaránse a Ordes para participar nun Torneo de fútbol 7 organizado para finais de maio. Competirán con equipos de outros 8 clubes nunha xornada que congregará a moito público o sábado 29 de maio.
O Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes chega á súa sexta edición. Así, un ano máis, a S.D. Club Ordes e o Concello organizan esta competición co fin de manter viva a ilusión de tantos nenos e nenas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, converténdose xa nun clásico na comarca e empezando a ser un torneo de referencia a nivel da provincia.
Nesta ocasión participarán de novo unha serie de equipos de recoñecido prestixio. Así haberá competición nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín participando os equipos da S.D. Ordes, o Deportivo da Coruña, o Tordoia, o X. Oroso, o Celta de Vigo, o Montañeros, o Cerceda, o Arteixo, o Luis Calvo e o Amio.
Tal e como explicou o concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña "esta é unha maneira máis para dar un apoio e fomentar o deporte de base, tan importante desde o punto de vista deportivo e para o desenvolvemento persoal dos nosos nenos e nenas", razóns ás que se sumaron tamén os representantes da S.D. Ordes.
A competición terá lugar o próximo 29 de maio en Vista Alegre. Os interesados poden encontrar máis información ao respecto desta competición na web da S.D. Ordes www.sdclubordenes.com.