O xogo educa

Os escolares de Fene reencóntranse cos vellos xogos que descoñecían
23 de Maio, 2019 - 11:05 h. | Publicada por Radio Fene

Xunto co Día do Deporte na Rúa e do Atletismo Divertido, este dos Xogos Populares escolares é un dos preferidos do alumnado dos centros escolares de Fene.

O ruido da alegría invadía esta mañá o interior do pavillón de San Valentín. O alumnado dos colexios A Xunqueira e Centieiras de Fene foron os primeiros en disfrutar das Xornadas de Xogos Populares Escolares. Non tiveron sorte co tempo e se viron obrigados a practicar as carreiras de sacos no interior do pavillón. Amais dos sacos xogaron ao salto de corda, lanzamentos, a chave con pellos metálicos e con pellos de madeira, a ra, o brilé, zancos ou pesca de botellas. Mañá tócalle aos escolares de Jorge Juan, O Ramo e Os Casais. Probablemente axude o tempo e poidan xogar ao ar libre. Participa nos Xogos Populares todo alumnado de primaria.

Deportes

Publica o teu comentario agora