O xogo tradicional, a grande escola da humanidade

O xogo tradicional, a grande escola da humanidade

24 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O xogo tradicional foi a grande escola da humanidade, afirma o mestre e escritor ferrolán Antón Cortizas. Elaborou e publicou en Edicións Xerais, “Chirlosmirlos”, enciclopedia de xogos populares, a partir dun programa realizado en Radio Fene na década dos oitenta.

Agora a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (Agxpt) organiza para os dias 21 e 22 de outubro o “Terceiro Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: Xogo tradicional, deporte tradicional e educación”. Os organizadores queren incidir nas posibilidades que os xogos tradicionais ofrecen nos diferentes ámbitos da educación. O curso sobre Patrimonio Lúdico desenvolveráse os dias 21 e 22 de outubro en Melide. A actividade está homologada pola Consellería de Educación.

 

Sociedade