O xuiz decreta o ingreso no Marcide dun mozo de Neda

O xuiz decreta o ingreso no Marcide dun mozo de Neda
12 de Decembro, 2022 - 07:40 h. | Publicada por Radio Fene

O xove de 19 anos de Neda que conduciu sen carnet varios microbuses en Ferrol a semana pasada, pasou esta mañá polo Xulgado de Instrución número tres de Ferrol. O xuiz ordenou o seu recoñecemento por un médico forense e tras ese paso decretou o seu ingreso no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol para a súa valoración urxente por parte do servizo de Psiquiatría.

Fotografía Xan Xe

Nova detención do mozo de Neda acusado da sustracción de varios autobuses a semana pasada en Ferrol. Desta volta foi a Garda Civil de Fene quen o detivo por dous delitos diferentes. Un de roubo e uso de vehículo, carecendo ademais de carnet de conducir, e outro contra a seguridade viaria por intento de atropelo de dúas persoas, dous parentes del. Segundo informa a Garda Civil, os feitos sucederon onte pola tarde, cando a patrulla do Posto de Fene recibiu aviso de que tiñan retido no Cruceiro de Perlío a unha persoa que sustraera un vehículo. Os axentes desprazáronse ao lugar onde se entrevistaron cos testigos e co pai do detido que o tiña retido na rúa Tellerías, manifestando que na fuxida intentara atropelar á irmá e ao pai cando intentaban impedirlle que subira ao coche. O mozo estaba en estado violento e agresivo. A noite anterior o detido ceara nun restaurante de Narón, onde aproveitou un descuido do propietario para sustraerlle as chaves do vehículo para roubalo posteriormente. O detido xunto coas dilixencias instruidas foron postas a disposición do Xulgado de Garda de Ferrol.  Un caso lamentable o deste rapaz, do que se facía eco o alcalde de Neda, Angel Alvariño, en declaracións a Radio Fene.

 

 

Fotografía Xan Xe (Angel Alvariño, alcalde de Neda en Radio Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora