O zorro, personaxe máis solicitado entre os nenos no antroido

O zorro, personaxe máis solicitado entre os nenos no antroido

16 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O zorro" (o raposo ou o golpe) convertiuse nun dos disfraces preferidos neste antroido 2010 entre os mais pequenos. As tendas de disfraces confirman que é así, sen desmerecer a Batman, os piratas e os pallasos, clásicos xa desta festa da risa.

O do Zorro é o numero 1 este ano entre os disfraces escollidos polos máis pequenos que, por certo, son os mellores clientes do carnaval. As tendas que se adican a este sector barallan uns prezos moi asequibles para que non quede antroido sen disfraz. Entre 12 e 50 euros atopamos atuendos do máis variado, segundo Marisol Caínzos da xoguetería Din Don de Narón. 

Unha nova entrega da película El Zorro podería ser a causa da revitalización deste personaxe que está a ser o éxito deste ano entre os pequenos. Non quita que os piratas ou Batman sigan tendo o seu protagonismo entre os chavales. Eles queren ser herois mentras que elas buscan a fantasía dos contos. Siguen querendo ser princesas, Branca Neves ou Carrapuchiña vermella. Entre os máis pequenos trunfan os animaliños.

¿E os adultos? Entre os adultos hai moito pallaso e moito pirata. Afirma Marisol Caínzos que os maiores disfrutan moito na tenda mentras buscan o disfraz máis acaído. Os maiores buscan facer gracia máis que ir de guaperas. Hoxe polas ruas comprobaremos todo isto e , por suposto, que non falten os choqueiros ou foleiros, aqueles que cuns trapos vellos son capaces de convertirse no presidente do goberno.

Sociedade