Obesidade animal

Obesidade animal
08 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cans e gatos, igual que as persoas, poden estar pasados de peso. Para que estean en forma non deben pasar fame, advirte a veterinaria etóloga Noemí Graña, que o sábado participou nas actividades polo Día da Muller que organizou a Asociación de Mulleres Ártabras.

ESCOITA O PODCAST:

Pautas sobre a alimentación dos animais de compañía. Se queremos que perdan peso Noemí Graña indica que debemos acudir ao veterinario para que aconselle a mellor dieta. Para que adelgacen non debe baixarse a ración de comida, senón cambiar o tipo de alimentación. “Hai dietas hipocalóricas e saciantes coas que o animal non ten sensación de fame”. A segunda cousa que debe facerse é “aumentar o exercicio”. 

Día da Muller

A veterinaria etóloga colaboradora de Radio Fene mostrou como facer xoguetes caseiros para cans e gatos na xornada de actos polo Día da Muller que celebrou o sábado, no Centro Comercial Odeón, a Asociación de Mulleres Ártabras.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora