Obesidade infantil

Obesidade infantil
26 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A obesidade infantil é un serio problema de saúde, física e mental que precisa de medidas eficaces. Os datos indican que baixaron un pouco as taxas de sobre peso infantil, pero ao analizar os estudos polo miúdo compróbase que as campañas non tiveron o impacto desexado no grupo social con menos recursos económicos, destaca o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

ESCOITA O PODCAST:

“A economía inflúe na posibilidade de ter hábitos saudables”, sinala Barcia Tuccelli . Destaca que se trata dunha “enfermidade multifactorial e parece que so se atende desde o punto de vista sanitario”. Para atallar o sobre peso infantil tamén se deben ter en conta factores como o contexto no que vivimos, a publicidade ten moito impacto en consumos como o de bebidas enerxéticas. Tamén nos poden condicionar aspectos psicolóxicos, así é frecuente escoitar iso “cando me pasa algo doume un atracón”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora