Obradoiro de cestería con material de refugallo dirixido ás mulleres

Obradoiro de cestería con material de refugallo dirixido ás mulleres

14 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, mediante a concellería de Servizos Sociais e Atención Cidadá e o Centro de Información á Muller (CIM) está xa a preparar as primeiras actividades incluídas no programa de conmemoración do Día Internacional da Non Violencia contra a Muller, que cada mes de novembro inclúe charlas, obradoiros e actividades dirixidas ás veciñas do municipio. Nesta ocasión, e coa colaboura da Asociaci&

A artista local Lourdes Acera Olaso será a encargada de dirixir novamente este curso que se desenvolverá os luns entre as 10.00 e as 12.00 horas nas dependencias da Casa de Don Pedro.

Dende hoxe mesmo está aberto o prazo de matrícula, ata o día21 deste mes, debendo aboar 20 euros para a compra de material. O número de prazas ofertadas é de15, cifra similar á do curso de cestería desenvolvido o pasado mes de marzo, ao abeiro da programación do Día Internacional da Muller e que tamén foi impartido pola mesma artesá cun gran éxito de participación xa que as prazas quedaron escasas.

E é que este curso axuda a fomentar a creatividade das participantes, de aí que se optase por repetir esta actividade. Para poder anotarse ou obter máis información sobre este obradoiro tan só é preciso telefonar ao 667 12 93 34, de luns a venres en horario de 08.00 a 15.00 horas, denates do vindeiro día 21, xornada na que remata o prazo de inscrición.

Sociedade