ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Buscas gañar audiencia para o teu medio dixital, expandir as túas actividades culturais ou dar a coñecer o teu proxecto empresarial de xeito eficaz? Crees que un uso "hixiénico" das redes pode evitar que a tecnoloxía domine as nosas vidas? Se tes estas inquietudes, a Asociación de Medios en Galego (Amega) convídate a participar no seu vindeiro obradoiro de redes sociais. A formación terá lugar o sábado 28 de marzo no edificio Cersia de Santiago de Compostela.

Profesionais expertos impartirán unha xornada práctica na que, ademais de estratexias de comunicación en redes, se abordará o papel da Intelixencia Artificial no sector, un factor que mudou por completo as regras do xogo no xornalismo actual. Durante o encontro analizarase como os novos bots non só indexan contido, senón que o absorben e transforman en resumos inmediatos, reducindo o tráfico cara aos sitios orixinais. Como sinala o profesor portugués Rodrigo Tavares, estes modelos estatísticos utilizan os textos como materia prima para copiar estilos e argumentos, pero "escurecen a autoría".
As persoas interesadas en asistir poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico: mediosengalego@gmail.com.
Na imaxe, acto sobre a memoria histórica democrática organizado por Emisoras Municipais Galegas en Fene. Agosto 2025
Publica o teu comentario agora