ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Servizos Sociais, iniciou onte unha nova edición do seu programa Envellecemento Activo para maiores de 55 anos. Unha iniciativa que vive a súa cuarta edición e que, novamente, conta co respaldo económico da Deputación da Coruña. Para este ano, a concellería que dirixe José Alén escolleu un total de seis obradoiros: tres deles de estimulación memorística, que comez
Un ano máis o principal fin destes cursos é ofrecer unha alternativa socializadora aos seus alumnos e alumnas, ao tempo que se mellora a súa calidade de vida, mediante sinxelos exercizos cos que mellorar a súa capacidade memorística ou que doten aos alumnos dos recursos para traballar a súa autoestima, mediante a musicoterapia.
Onte mesmo arrincaban os primeiros cursos dirixidos ao traballo das facultades memorísticas e que se encargará de impartir a psicopedagoga MªMar Tomé, nun total de tres colectivos asociativos.
Un total de 50 veciños de tres asociacións tanto do casco urbano coma do rural tomarán parte nestas clases de 15 horas de duranción. De feito, onte daban comezo os cursos no barrio das Campeiras, e o edil José Alén foi o encargado de inaugurar o primeiro destes talleres.
Segundo explicou o concelleiro, estes obradoiros axudarán aos participantes a gañar en calidade de vida ao mellorar as súas condicións memorísticas a través de sinxelos exercizos ideados para traballar a agudeza visual e olfativa, para incrementar a capacidade de atención, para mellorar a capacidade de cálculo ou o manexo coas moedas e ata para volver a fomentar hábitos coma a lectura e a escritura.
Daí que o concelleiro tamén animase á vintena de veciños que onte tomaron parte no primeiro destes obradoiros a traballar con sinxelos exercizos diariamente para non permitir que se atrofie o cerebro e incrementar os beneficios destes cursos. De feito con tan só ler un artigo do xornal cada día, facer un sinxelo crucigrama ou aplicar diferentes trucos nemotécnicos ou de cálculo a nosa vida diaria verase mellorada substancialmente. Como explicou Alén, os anos provocan na memoria unha serie de alteracións que poden dificultar a vida cotiá e afectar á vida persoal, social e incluso laboral polo que é preciso tomar medidas para previr este deterioro cognitivo.
Asemade, o concelleiro deu conta da necesidade de achegar actividades que sempre se fan no casco urbano a outras zonas do concello, coma acontece con este tipo de obradoiros que, novamente, permitirán tanto aos veciños do casco urbano coma aos que viven nas parroquias desfrutar de diferentes actividades.
Xa esta mesma tarde darán comezo os obradoiros de adestramento memorístico no barrio da Cal da Avelaíña, onde se conta con 19 participantes e xa mañá a parroquia de Goente acollerá o terceiro destes talleres no que se anotaron un total de 13 persoas.