As obras da praia de Rio Sandeo en Limodre continuan a bó ritmo

As obras da praia de Rio Sandeo en Limodre continuan a bó ritmo

18 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de acondicionamento dos accesos á praia de Rio Sandeo entre Fene e Ares continuan a bó ritmo e a demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente agarda finalizalas no vindeiro mes de xuño. O proxecto implica unha nova canalización do río e o retranqueo do muro que anteriormente separaba a zona de aparcamento do areal. O acceso á praia realizaráse pola mesma zona pola que baixa o río con menor pendiente que a antiga rampa.

O retranqueo do aparcamento permite ademáis gañar 10 metros a praia. O proxecto inclue ademais a mellora dos servizos e a reordenación dos espazos e conta cun orzamento de 200.000 €.

 

Costas pretende ademáis iniciar a construcción da senda peonil pola zona costeira de Fene. Queren comezar o vial entre a zona portuaria de Barallobre e os terreos de Imenosa, conectando tamén a ribeira co peirao de Maniños. 

Sociedade