As obras da praza do Ameneiral de Perlío empezan mañán

As obras da praza do Ameneiral de Perlío empezan mañán

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Praza do Amenerial de Perlío sofrirá unha reforma para gañarlle sitio ao esparcemento e protexer mellor os intereses dos pequenos e pequenas que xogan neste espacio da parroquia de Perlío, a de maior poboación infantil de Fene. Esta tarde procederase ao valado da praza e mañán comezarán as obras incluídas no Plan Estatal de Investimento Local.

100 metros cadrados máis de disfrute terá a praza do Ameneiral de Perlio unha vez concluan as obras de remozamento desta superficie que empezan a executarse mañán mesmo. A empresa Construccións Galdiano encárgase delas baixo a dirección do aparellador Yago Ferreiro.  Esta mañán, empresa e autoridades municipais presentaron o proxecto na mesma praza verde. Os planos deixan ver os traballos que se acometerán neste espacio que tenta dar maior seguridade aos nenos e nenas que xogan alí cada día, respectar o traballo dos taxistas que operan nas inmediacións deste superficie e dar contestacion aos veciños que queren mellores accesos ás suas casas e negocios de hostelería que operan no entorno.   Esta mañán o alcalde de Fene, Iván Puentes, e o edil responsable de obras, José Antonio López, presentaron o proxecto. Para Radiofusión explicou Iván Puentes en qué se concretarán os cambios, que inclúen un novo pavimento, unha nova iluminación, bancos todo ao redor do perímetro, un parque de xogos infantís protexido por un valado e a peatonalización da rua onde se ubica  a parada dos taxis que seguirá alí.    

Sociedade