ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Obras recen acabadas, preocupación pola extraordinaria suba que impón aos concellos Augas de Galicia na taxa pola depuración da auga e o contrato da Mancomunidade para a xestión dos residuos voluminosos son noticia esta semana en Fene. Informou deles en Radio Fene o alcalde, Juventino Trigo.
O alcalde de Fene informou da finalización das obras de mellora de viais en Maniños financiadas con fondos do POS 2022 da Deputación. Actuacións moi demandadas pola veciñanza que foron recepcionadas a semana pasada. As melloras executáronse na Rúa, no Camiño da Garita e na rúa Beiramar.
Preocupación nos concellos galegos polas taxas impostas por Augas de Galicia pola xestión das depuradoras. A Fene quere cobrarlle 97.000 euros por un cuadrimestre e máis de 100.000 polo seguinte. Os concellos recorreron e paralizouse, de momento, o pago desas avultadas cifras. Rexeitan unha suba que consideran desorbitada. Séntense indefensos porque carecen de información dos datos cos que se fai o cálculo. Malestar compartido nos concellos que motivou unha xuntanza esta semana da Fegamp.
Tamén informou o rexedor de Fene doutras reunións e xestións incluídas na súa axenda como o pleno da Mancomunidade celebrada esta semana. Na sesión aprobouse a licitación do servizo de xestión de residuos voluminosos. O contrato sae a licitación por preto de 946.000 euros e cunha duración de tres anos, coa posibilidade de prorrogar por dous máis.
Publica o teu comentario agora