Obras en carteira

Obras en carteira
10 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Obras municipais, presupostos e política centraron a conversa que mantivemos no espazo As Foxas con Mari Carmen Martínez, concelleira de Obras e voceira de Esquerda Unida no Concello de Fene.

As obras da costa da Lagarteira, en Sillobre, e a reconstrución dun muro caído en Perlío son os dous proxectos que considera máis urxentes Mari Carmen Martínez. Sobre o estado de tramitación de ambos proxectos informou a concelleira de Obras. Anunciou tamén a finalización dos traballos da senda peonil no Camiño do Regueiro, pendente de fixar a data para a recepción das obras. A concelleira de Obras felicitouse pola aprobación dos Presupostos do Concello para 2026. “Unha moi boa noticia, é fundamental poder contar con eles, o Orzamento é a base do funcionamento do Concello”, destaca. Tamén tivo palabras eloxiosas, polo seu talante conciliador, para o exvoceiro socialista Joaquín Ayala que recentemente deixou a Corporación municipal.

Institucional

Publica o teu comentario agora