Obras en marcha

Obras en marcha
06 de Xuño, 2024 - 03:43 h. | Publicada por Radio Fene

Unha vez acabadas as melloras do camiño do Castelo e Estrada de Laraxe, que supuxeron un investimento de case 145.000 euros, o Concello de Fene acomete novas actuacións das que informou o concelleiro de Obras Manuel Polo, que tamén adiantou asuntos que trata a Corporación na sesión plenaria do mes de xuño.

ESCOITA O PODCAST:

Dando resposta ás demandas veciñais, o Concello de Fene realizou obras de mellora do camiño do Castelo e Estrada de Laraxe, cun investimento de 144.600 €, con cargo ao POS+Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña. Unha actuación que serviu para mellorar os accesos ás vivendas e tamén a seguridade viaria para persoas e vehículos. A concellería de Obras ten agora novas actuacións en marcha, que detallou Manuel Polo. “Conseguiremos que toda a parroquia de Limodre teña auga da traída”, destacou. O plan de obras inclúe as actuacións no Camiño Grande-O Cotilllón, A Fraga e o Sino. Tamén a reurbanización da rúa Antonia Montero, da primeira fase na nova Área Recreativa de San Valentín, e as obras no entorno do campo de fútbol de Perlío e Camiño de Loira.  

Sobre o Pleno municipal “levamos algo moi importante, trasladarlle á Deputación dúas ordenanzas fiscais, a de plusvalías e a de bombeos da EDAR”. O obxectivo é delegar na Deputación a tramitación e o cobro de dúas taxas. A de plusvalías que os concellos tiveron que adaptar a raíz dos avatares xudiciais a raíz da crise no sector inmobiliario. A do servizo de depuración das augas residuais leva aprobada desde 2014 pero o Concello non puido aplicala aínda cos seus medios, explicou Manuel Polo. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora