ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Satisfeita coa marcha do plan de obras do Concello de Fene, a concelleira Mari Carmen Martínez, responsable municipal de Obras e voceira de Esquerda Unida. Así se amosou en Radio Fene, nunha entrevista na que pasou revista á actualidade política e falou da xestión da súa área.

Por fin chegaron as autorizacións pendentes e o Concello poderá licitar, previsiblemente en outubro, a esperada obra da Lagarteira, que ten un orzamento de medio millón de euros. Adxudicadas xa, so pendentes de formalizar o contrato, as obras do muro de contención en Perlío e a substitución da cuberta do colexio Curros Enriquez en Maniños. Ademais están en execución obras nos camiños da Fonte, da Fontenova e da Corredoira. Con este plan de traballo entre mans, mostrou a súa satisfacción a concelleira Mari Carmen Martínez.
Crispación política
Máis preocupada e desgustada está co ambiente político, o racismo, o ataque á sede da Cruz Vermella en Ferrol ou a deputada do PP de Ourense que se presentou no Congreso cun spray de pementa. Feitos dos que culpa por igual ao Partido Popular e a Vox.
Eleccións municipais
Tamén informou de que Esquerda Unida comeza en Fene os preparativos para as eleccións locais do ano que vén. "O tempo apremia", di a voceira municipal deste grupo político e concelleira de Obras, Mari Carmen Martínez. Anunciou en Radio Fene que nas próximas semanas terán unha xuntanza con vistas á confección da candidatura.
Publica o teu comentario agora