Obras inminentes

Obras inminentes
20 de Abril, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de remodelación exterior e interior do cuartel da Garda Civil de Fene comezarán con carácter inminente. Cun orzamento de 609.840 euros, preténdese mellorar a súa eficiencia enerxética, gañar en calidade habitacional e convertilo nun cuartel enerxeticamente sostible. Melloraráse o aillamento exterior, tanto das paredes como da cuberta. Renovarase a iluminación interior e colocaranse paneis solares para o abastecemento de enerxia.

O Concello de Fene doou ao estado unha parcela sita no lugar de Chamoso de mil trescentos seis metros cadrados para a construción da casa cuartel da Garda Civil. A adquisición dos terreos aprobouse en pleno o 27 de febreiro de 1969. Ese mesmo ano aprobouse a cesión gratuita ao Estado da parcela sita no lugar de Chamoso para a casa cuartel. No BOE de 27 de xuño de 1970 indícase que a construción se efectuará no prazo de dez anos, a contar desde o vintesete de agosto de mil novecentos sesenta e nove. En caso contrario revertirá a finca a Juan Blanco Brea o anterior propietario. Produciráse dita reversión se no indicado prazo o edificio non está totalmente construido e en condicións de ser ocupado. O orzamento da construción alcanza os tres millóns setenta e oito mil cento corenta e duas pesetas. Aplícase o procedemento de concurso-subasta. O Banco de Crédito á Construción concede un préstamo por importe de dous millóns duascentas mil pesetas ao Estado que contribue coa cantidade de catrocentas dezaseis mil catrocentas vinte unha pesetas. O Concello de Fene aporta trescentas sete mil oitocentas catorce pesetas para axuda das obras (BOE 16 de xuño de 1971) A casa cuartel da Garda Civil de Fene inaugurouse en 1973.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora