ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene vén de recibir oficialmente as obras de mellora das rúas Castro e Beiramar, unha actuación de gran relevancia para a veciñanza da zona da Loira en Barallobre. Á dita recepción asistiron o alcalde, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, así como persoal técnico municipal e un representante da empresa adxudicataria. O alcalde, Juventino Trigo, salientou que “esta intervención responde ao compromiso do goberno municipal por mellorar a seguridade e o estado das nosas vías, garantindo unha mobilidade máis cómoda e eficiente para a veciñanza”. Pola súa banda, Manuel Polo destacou “o bo resultado dos traballos nas rúas Castro e Beiramar, que supoñen unha mellora substancial para a circulación e a seguridade da zona”:

Paralelamente a estas actuacións recepcionadas, realizáronse tamén na zona outras obras complementarias de pavimentación nos camiños de Loira e Carballás, así como no entorno do Campo de Fútbol de Perlío, que incluíron o perfilado e refinado dos bordes exteriores, mellora de cunetas e aplicación dunha nova capa de rodaxe. Non obstante, o Concello detectou deficiencias no firme nalgunhas zonas, polo que xa trasladou á empresa adxudicataria desta outra actuación a necesidade de corrixir estes problemas de inmediato.
Dende o goberno municipal subliñaron a importancia de facer seguimento da execución das obras públicas para garantir que cumpran os estándares de calidade e durabilidade necesarios. "Non imos permitir que unha obra recente presente deficiencias. As empresas deben cumprir cos compromisos adquiridos e asegurar un resultado óptimo", concluíu o concelleiro de obras.As actuacións de Castro e Beiramar foron adxudicadas por 255.150 euros, financiados con cargo ao programa POS+2023 da Deputación da Coruña.
Publica o teu comentario agora