As obras no campo de Perlío comezarán no verán

As obras no campo de Perlío comezarán no verán

18 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As obras do campo de cesped artificial nos Pinares comezarán no verán, segundo lle asegurou o alcalde de Fene Iván Puentes ás directivas do Maniños e do Barallobre. O primeiro rexedor manifestou a súa conformidade coa unificación das categorías de base proxectada polas dúas entidades.

Varias empresas optan á ínstalación do cesped artificial en Perlío, pero o concello de Fene ainda non tomou o acordo da súa adxudicación. O alcalde indicoulle ao Maniños e ao Barallobre que as obras se realizarán no verán e o campo debe quedar listo para a vindeira tempada. Tanto Iván Puentes como a concelleira de Deportes Carmen Silvar manifestaron a súa conformidade co proceso de unificación deseñado desde os dous clubs de fútbol. De cara á vindeira tempada, intentarán configurar unha xunta directiva cos pais e nais dos rapaces e presentarán a aprobación os estatutos. Ainda está por decidir a denominación da entidade, que posiblemente levará o nome de Fene.

 

Deportes