Obras no CPI A Xunqueira

Obras no CPI A Xunqueira
09 de Xaneiro, 2026 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

Mellora da eficiencia térmica do CPI A Xunqueira, en San Valentín. A alcaldesa de Fene, Sandra Permui, acompañou á delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, nunha visita ao centro educativo para comprobar as obras realizadas. 

A consellería de Educación inviste 30.000 euros na substitución de parte das carpinterías exteriores. Concretamente mudáronse un total de dez ventás instalando unhas novas de aluminio anodizado natural con apertura oscilo-batente, rotura de ponte térmico e persianas en caixón monobloque de lamas de aluminio.

Institucional

Publica o teu comentario agora