Obras para o 8M

Obras para o 8M
11 de Marzo, 2026 - 02:37 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres tamén triunfan no mundo da banda deseñada. No espazo de Cáprica, en Radio Fene, coñecemos algunhas das obras de dúas destacadas autoras, Fonda Lee e Robin Hobb, un dos seudónimos cos que asina as súas obras Margaret Astrid Lindholm Ogden. Juanma Sánchez escolleu as obras “El cielo ilimitado” e “Aprendiz de Asesino” para falarnos destas grandes creadoras de libros de fantasía.

ESCOITA O PODCAST:

Logo dunha fin de semana intensa, con Cáprica a rebentar de xente o venres pola tarde cadrando coa celebración do Outlet, Juanma Sánchez súmase á celebración do 8M coa recomendación da obra de dúas mulleres. “Demostran que o xénero vai máis alá das espadas, monstros e batallas”, explica Juanma.Robin Hobb e Fonda Lee son “dúas escritoras moi importantes que puxeron no centro ás persoas, as emocións e as consecuencias das decisións que toman os protagonistas da novela”.

Na súa Triloxía do Vatídico, Robin Hobb narra a vida do fillo bastardo dun príncipe que aprende o oficio de asasino ao servizo do rei. “Aprendiz de Asesino” é o primeiro libro da colección, cando era un neno que traballa na corte dos cabalos. 

Fonda Lee, autora canadense-estadounidense con raíces asiáticas, ten unha formación moi variada e nótase na súa obra de personaxes complexos. Un dos seus últimos libros é “El cielo ilimitado”, centrado nunha muller que caza criaturas que voan. Aborda nel o paso do tempo e a necesaria aceptación desa evolución vital.



 

Cultura

Publica o teu comentario agora