Obras pendentes

Obras pendentes
14 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Consellería de Educación ten previsto investir menos de 50.000 euros este verán en obras para mellorar o estado de tres centros educativos de Fene. 

Nos plans da Consellería de Educación para obras en centros educativos hai previstas actuacións en tres centros escolares de Fene. Para a reparación dunha fachada no CEIP Plurilingüe e Centieiras destina algo máis de 19.700 euros. A reparacións varias no IES de Fene dedica 17.649 euros. E pouco máis de 12.000 son para traballos de carpintería no CEIP Plurilingüe do Ramo. 

Na comarca hai investimentos moito máis cuantiosos. Ferrol e Narón son os únicos concellos da comarca nos que a Consellería ten previsto acometer grandes obras. En total son case 6 millóns de euros os investimentos previstos en cinco centros educativos de Ferrol e dous de Narón. Terra de Ferrol, Leixa, Sofia Casanova, Esteiro e San Xoán de Filgueira en Ferrol levan en total case 3,9 millóns. Mentres que o CEIP A Gándara e o IES As Telleiras contan coa previsión dun investimento de 1,9 millóns de euros para a rehabilitación integral do primeiro e o cambio de cuberta do segundo

Sociedade

Publica o teu comentario agora