Obras son amores

Obras son amores
09 de Marzo, 2026 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Moitísima obra prevista en Fene, cun investimento de máis de un millón de euros, anunciou o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo, que reclama á Xunta actuacións para conservar as súas estradas e ao Goberno que remate o polígono de Vilar do Colo.

ESCOITA O PODCAST:

“Vai ser un ano de moita actividade desde Contratación e Obras no Concello de Fene”, destacou Manuel Polo que pasou revista en Radio Fene á planificación de actuacións previstas a curto prazo. 

En materia de infraestruturas viarias, o tenente de alcaldesa censurou á Xunta polo mal estado de conservación da Estrada do Peirao, en Maniños. “Non é destas choivas, é un escándalo o seu estado, non é de recibo”. Por iso, anunciou que lle pedirán á Xunta “o seu arranxo e o traspaso ao Concello, porque é unha vía urbana e sentimos unha impotencia moi grande polo seu mal estado”.

Sobre o anuncio de venda de parcelas no Polígono de Vilar do Colo por parte de CASA47 -marca actual do SEPES- lembrou que o desenvolvemento do polígono leva 19 anos de retraso pois tiña que estar rematado no ano 2007. “Non é unha nova, é unha vergonza, teñen que vender esas parcelas, participar no Ente de Conservación do Polígono e entregar ao Concello unha dotacional deportiva”, manifestou. Manuel Polo tamén lembrou que o Concello segue agardando polos terreos para o centro de saúde en Tarrío. 



 

Institucional

Publica o teu comentario agora