ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene aproba as obras que se acollerán ao POS + Adicional da Deputación, o Plan estratéxico de subvencións e o calendario de festivos locais para o ano que vén. Serán o 5 de marzo, Mércores de Cinza, e o 6 de agosto, San Salvador. “Un Pleno cargadiño de asuntos, a pesar de estar en agosto”, declarou o alcalde, Juventino Trigo.
O Concello de Fene confirma a relación de obras para incluír no POS + Adicional da Deputación da Coruña. Con cargo a ese Plan executarase a renovación de tubaxes de abastecemento no cruce das Pías, e dúas obras de mellora de camiños municipais, unha de Almieiras a Río Sandeu e outra en Cadavás. Actuacións que superan os 350.000 euros. O Pleno municipal tamén aprobou o Plan estratéxico de subvencións 2024- 2027. “Un marco legal que é obrigatorio, ata agora poucas veces se fixera e sempre fora por un ano”, apuntou o alcalde.
Publica o teu comentario agora