ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes puxo en marcha esta semana un curso dirixido a autónomos e desempregados. Nesta ocasión trátase dun curso sobre xestión laboral e tributaria básica. A duración do mesmo será de 120 horas, e as clases rematarán o vindeiro 20 de xuño.
Tal e como explicaron dende o Concello, os obxectivos do curso serán proporcionar unha visión global das obrigas laborais ás que debe facer fronte o pequeno empresario; familiarizar ao participante cos tipos de contratos e nóminas; proporcionar unha visión global das obrigas fiscais ás que debe facer fronte o pequeno empresario e familiarizar ao participante cos modelos e formularios.
As clases teñen carácter on line e nelas participan 14 alumnos, tanto autónomos como desempregados. A presentación do curso tivo lugar o pasado luns, nun acto no que se fixo entrega aos participantes de material e explicóuselles cómo vai funcionar a plataforma e como vai ser o funcionamento do curso.