Obxectivo Fene

Obxectivo Fene
17 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene acollerá este sábado, día 18, a Segunda proba da Liga Galega de Raid, un deporte esixente desde o punto de vista físico e mental. Presentouse esta mañá na Casa do Concello. A alcaldesa, Sandra Permui, agradeceu a elección de Fene para disputar a proba e deulles a benvida aos organizadores, Claudia Oreiro, presidenta do club Gallaecia Raid e directora da carreira, e Antonio López, que é vicepresidente do club e director técnico da carreira.

ESCOITA O PODCAST:

“Fene ten un entorno ideal para este tipo de probas”, destacou Antonio López. Ao redor de 120 corredores de 38 equipos participarán na proba bautizada co nome Obxectivo Fene. Os deportistas participantes terán que correr a pé, en bicicleta e tamén en kaiac. “É un deporte moi esixente física e mentalmente”, recoñece Claudia Oreiro.

O percorrido da proba non se coñecerá ata o mesmo día no que se dispute esta proba dun deporte de aventura e resistencia. A saída será ás 10 horas de San Valentín, onde tamén estará o punto de chegada. Ás 20 horas pecharase a proba que constará de seis seccións (catro para quen se inicia neste deporte).

Deportes

Publica o teu comentario agora