Obxectivo: gañar nas Pontes

No último encontro de Copa: Maniños 2- Rosalía 3
07 de Maio, 2019 - 11:22 h. | Publicada por Radio Fene

Gañando nas Pontes practicamente dá o pase ao Maniños a semifinais da Copa. Tería que golear o Rosalía ao Cariño para sacarlle a vantaxe ao equipo fenés.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños Feminino sigue vivo na Copa, a pesar da derrota fronte ao Rosalía "nun dia deses para esquencer" porque non lles saía nada, en palabras do técnico Carlos Gómez. Os erros sacando o balón penalizaron ao Maniños que, por outra parte, fixo un bo partido tendo a posesión do balón e defendendo ben. Non podían crer o 0-2 do marcador cando chegou o descanso. Con ese resultado o Rosalía fixo unha segunda parte moi defensiva. O Maniños meteu o gol de saque de corner pero cando mellor xogaban as fenesas, chegou o terceiro do Rosalía. Aínda así seguirono intentando ata o final.

A pesar da derrota, o Cultural Maniños seguen primeiras na opción a xogar as semifinais. Empatadas a puntos, 9 puntos, están Maniños, Rosalía e As Pontes. Maniños ten vantaxe polo número de goles (15) seguidas do Rosalía con 11 e as Pontes con 10 tantos. Para pasar a semifinais hai que gañarlle ao As Pontes esta semana. O Rosalía tería que gañar e golear ás rivais do Cariño para roubarlle o pase ás rapazas do Maniños. Con toda probabilidade o partido se xogará o venres, por intereses de As Pontes, pero aínda non está segura a data. (na imaxe a porteira do Maniños coa nova equipación).

Deportes

Publica o teu comentario agora