Obxectivo: o ascenso

Obxectivo: o ascenso
18 de Maio, 2026 - 02:36 h. | Publicada por Radio Fene

Na Terceira Fútgal logrou o seu obxectivo o Maniños B. Venceu a domicilio ao Libunca. 0-1 quedou o marcador nun partido no que os locais non tiveron ocasións claras de gol. 

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños estivo ben defensivamente pero con problemas de organización e faltos de puntería, sobre todo na primeira parte, recoñece o adestrador, Alvaro Dopico, “Chiqui”. Dentro de dúas semanas toca disputar a promoción de ascenso. Primeiro contra o Cabanas e o equipo que se clasifique disputará o partido decisivo en Neda a partido único, segundo explicou o míster.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora