ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Dende a administración local tiñamos moi claro que Foz tiña que dar un paso cara o desenvolvemento sostible”, afirma Carlos García, concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030 de Foz no programa Onda ODS de Radiofusión.
A aposta por unha Axenda 2030 con obxectivos globais adaptados ás problemáticas locais xa se está a apreciar en Foz, por exemplo, en cuestións de mobilidade, co obxectivo de reducir a circulación dos coches e amansar o tráfico. “Xa temos dúas actuacións como a Rúa Costa do Castro e o novo proxecto que vai pola Avenida dos Irmandiños na que se vai dar preferencia ás bicicletas, con beirarrúas e zonas que promovan a circulación a pé. Tamén é importante meter máis vexetación a nivel urbano para que cara ao futuro cando haxa semanas de calor intentar reducir as illas de calor que se xeran nos municipios”, desvela Carlos García logo de presentar o informe Horizonte 2030.
Publica o teu comentario agora