#Ocarallo29, a revitalización dunha expresión anticaciquil

#Ocarallo29, a revitalización dunha expresión anticaciquil

22 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O carallo 29 é unha expresión de rebeldia anticaciquil extendida na Galicia de comezos do século vinte. Xurdiu como resposta á manipulación electoral da dereita conservadora. Irmandade Tv e Radiofusión queren revitalizar a expresión entre os 300.000 usuarios con conta activa que a rede social Twitter ten en Galicia. Propoñen enviar cada usuario seis chios coa etiqueta #Ocarallo29 o martes 23 entre as 10 e as 11 da mañá. Ademais pret

O artigo 29 da Lei Electoral de 1907 marcaba que, naquelas circunscripcións nas que non houbese máis que un candidato a deputado, non se precisaban realizar eleccións, e proclamábase de xeito automático ao candidato. Ese sistema permitiu a posta en marcha dunha maquinaria caciquil, que impedía, mediante as máis variadas presións e coaccións, a presentación de candidatos alternativos ao favorito do cacique. Dese xeito evitábanse as urnas e proclamábase o deputado polo artigo 29. Cunha mistura de rebeldía e ironía, rapidamente se extendeu a denominación do "carallo 29" para definir ao método caciquil -o artigo 29- de elección do deputado. Era a denuncia dunha imposición ou arbitrariedade. 
A pesar de que Antonio Maura pretendía coa Lei de 1907 desmontar o caciquismo, a realidade é que o "artigo 29" permitiu a súa consolidación sobre todo en zonas rurais, nas que resultaban automaticamente electos, sen necesidade de votación, dos candidatos que se presentaban en solitario, polo xeral, afíns ao goberno. Ademais os candidatos que non foran previamente deputados debian contar co respaldo dalgúns membros da "casta" (dous senadores ou deputados ou tres deputados provinciais) ou co apoio da vixésima parte do número total de electores do distrito. Fora dos partidos turnistas, era practicamente imposible reunir algunha desas condicións.
Sociedade